Wednesday 15 de May de 2024

Éxito da primeira actuación contacontos na Biblioteca de Riveira con Raquel Queizás


O pasado sábado deu comezo unha nova edición dos Contacontos na Biblioteca: unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Educación e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística dentro do Maio Cultural de Riveira que, nesta primeira función, resultou ser un éxito de público con máis de medio cento de nenos e nenas presentes, acompañados dos seus pais, nais e avós.

Raquel Queizás foi a encargada desta primeira actuación co seu espectáculo “Mariña. Contos nados no mar”: unha serie de contos que arrancou coa historia da mítica Serea de Sálvora e continuou con outros relatos clásicos nos que o mar era o protagonista.

A vindeira función terá lugar o próximo sábado 14 con Elefante Elegante, que interpretará “Lobo Bobo”. Será ás 12 do mediodía.